08:32, 28/09/2018
Por David Expósito
A Garda Civil detivo o propietario dunha pequena explotación gandeira de Baiona por un suposto delito de malos tratos e abandono de animais. A operación que levou a cabo pola Garda Civil de Baiona-Nigrán en colaboración coa patrulla do Seprona de Vigo, informa o instituto armado nun comunicado, permitiulles localizar esta pequena explotación gandeira na parroquia de Belesar, en Baiona, nunhas condicións "bastante deplorables".
No seu interior localizaron un cachorro de can con varias feridas graves que lle causarían finalmente a morte, un tenreiro con lesións cutáneas en todo o corpo e unha ferida sanguenta na base dun dos cornos, ademais dun cabalo que presentaba unha extrema delgadez por evidente falta de atención e coidados.
O propietario non puido acreditar, tras ser interrogado, que os animais recibisen a adecuada atención veterinaria. Os axentes tamén comprobaron que días antes á inspección, esta mesma persoa abandonara catro cans que tiña nunha edificación da leira en condicións hixiénico-sanitarias non adecuadas.
21:35, 11/07/2017
Por David Expósito
Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...
08:02, 06/03/2017
Por David Expósito
Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...
13:22, 14/03/2017
Por David Expósito
A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...
20:17, 31/03/2017
Por David Expósito
Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...
13:17, 22/03/2017
Por David Expósito
Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...
Todo lo que va a venir
Podcast Radio Líder