A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 26º
Min: 12º
Vigo 91.1 FM
Máx: 21º
Min: 17º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 25º
Min: 15º
Lugo 107.60 FM
Máx: 22º
Min: 13º
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
Falece aos 78 anos Domingos Merino, o primeiro alcalde democrático da Coruña

Falece aos 78 anos Domingos Merino, o primeiro alcalde democrático da Coruña

08:26, 01/02/2018

Por David Expósito

En abril de 1979 converteuse no primeiro rexedor electo da cidade despois da ditadura, aínda que as tensións políticas da época precipitaron a súa caída en 1981

Aínda que sabía que aquela decisión lle ía custar o cargo, Domingos Merino, republicano convencido, decidiu non subscribir a moción apoiando ao rei Juan Carlos no 23-F. Días despois, Merino dimitiu do seu cargo como rexedor, o primeiro que tiña a cidade tras catro décadas de ditadura.

Nunha urbe dominada en 1979 por unha burguesía en transición do Franquismo, a irrupción como alcalde dun traballador, galegofalante e con ideas de esquerda supuxo unha conmoción que enseguida se traduciu nunha ofensiva mediática que non cesaría ata a súa dimisión.


Aínda que a Unidade Galega, da que Merino formaba parte a través do Partido Socialista Galego, só fora a terceira forza máis votada nos comicios de 1979, os Pactos do Hostal levárono á Alcaldía. A Coruña para Unidade Galega; Vigo para o PSOE.

Minutos antes das doce e media daquel 19 de abril de 1979, tras retirar o busto de Franco do salón de plenos, Merino era investido alcalde: "Hoxe é un día alegre e histórico para A Coruña", palabras que 36 anos despois, nunha chiscadela histórica, empregou o actual mandatario, Xulio Ferreiro, no seu discurso de investidura.

Merino non puido completar o seu mandato. As tensións internas que levaron a Unidade Galega a nin sequera comparecer como coalición nas eleccións autonómicas de 1981 debilitaron a súa posición como rexedor. Mais foi sobre todo a presión dos sectores máis tradicionais da cidade o que precipitou a súa caída.

A capitalidade de Galicia converteuse no centro da vida municipal. Os nacionalistas defendían que Santiago fose a sede das institucións autonómicas, mentres que os partidarios do coruñesismo, encarnados na figura de Francisco Vázquez, reclamaban con ardor que a cidade fose a capital galega.

Merino, que no seu discurso de investidura deixou escrito que "A Coruña ten que ser un faro para Galicia", nunca se pronunciou publicamente sobre este asunto. Iso precisamente foi esgrimido na súa contra.

Detrás desta animadversión contra Merino escondíase a intención de derrubar o plan xeral de urbanismo que o seu Goberno estaba a redactar para frear a especulación no municipio. O seguinte Goberno Local, presidido por Francisco Vázquez, desenvolveu o seu propio plan moito máis permisivo co desenvolvemento urbanístico da cidade.

A caída de Domingos Merino precipitouna sen embargo o golpe de Estado do 23-F. O concello convocou un pleno no que se presentou unha moción na que se condenaba a tentativa golpista e se destacaba a actuación do rei Juan Carlos. O rexedor coruñés negouse a apoiar esta última parte da moción, o que desencadeou a tormenta que rematou coa súa dimisión. O 1 de abril, Joaquín López Menéndez, de UCD, foi nomeado como sucesor. Merino caeu daquela no esquecemento ata que en 1991 foi elexido diputado autonómico pola coalición PSG-EG. Coa entrada desta formación no BNG, volvería ocupar un escano na Cámara galega durante dúas lexislaturas. En 2005 foi nomeado Vicevaledor do Pobo, cargo no que estivo ata 2102, cando renunciou por problemas de saúde. O Circo de Artesanos, no que Merino xogou durante anos ó xadrez, outra das súas paixóns, foi en 2014 o lugar elexido para unha homenaxe cidadá ao exrexedor polo seu legado.

Meses despois, con Ferreiro xa no balcón de María Pita as palabras de aquel 19 de abril volveron a resoar: Estamos a responder, "como o facía aquela corporación, ao desexo expresado por unha maioría social"

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

21:35, 11/07/2017

Por David Expósito

Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

08:02, 06/03/2017

Por David Expósito

Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

13:22, 14/03/2017

Por David Expósito

A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

20:17, 31/03/2017

Por David Expósito

Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

13:17, 22/03/2017

Por David Expósito

Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?