A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 15º
Min:
Vigo 91.1 FM
Máx: 15º
Min: 11º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 11º
Min:
Lugo 107.60 FM
Máx:
Min:
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
Feijóo avanza 20 novos centros de saúde nos tres próximos anos

Feijóo avanza 20 novos centros de saúde nos tres próximos anos

08:20, 25/01/2018

Por David Expósito

O Consello da Xunta aprobará este xoves un plan para a construción desas novas infraestruturas. Villares denuncia o "colapso" da sanidade pública e as esperas de máis de "seis" horas en urxencias

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Consello dará luz verde este xoves á construción de 20 novos centros de saúde en toda Galicia ata 2020, no que supón un reforzo da atención primaria, e defendeu que no último mes fixéronse máis de 3.000 contratos para paliar a situación das urxencias. 

O anuncio feito polo máximo mandatario autonómico, que se concretará este xoves na reunión do seu goberno, tivo lugar na sesión de control parlamentaria, durante a cal o portavoz de En Marea, Luís Villares, botoulle en cara o "colapso" da sanidade pública e as esperas de máis de "seis" horas nos servizos de urxencias, algo que deduciu que Feijóo descoñecía por non ser usuario do servizo "público". 

Nas súas respostas, o presidente da Xunta defendeu o compromiso coa sanidade galega e, como proba diso, reivindicou que desde que chegou ao Goberno en 2009 baixou a espera media para intervencións cirúrxicas (agora en 15 días para prioridade un) e estanse facendo 19.000 intervencións máis ao ano. 

Luís Villares botoulle en cara a Feijóo o "colapso" da sanidade pública e as esperas de máis de "seis" horas nos servizos de urxencias
Sobre os centros de saúde, adiantou que se construirá esta vintena ata 2020 e, entre outras localidades, contarán cun novo centro A Coruña, Vigo, Lugo, Moaña, Cangas, A Estrada, e O Milladoiro (en Ames). "Sabe o que estamos a desmantelar? A demagoxia e a manipulación", contestou nunha xornada de concentracións en contra dos "recortes" na sanidade pública que se levan a cabo en todas as áreas sanitarias de Galicia. 

Así, neste contexto de protestas en toda Galicia, e a piques de debaterse a nova Lei sanitaria galega que conta co frontal rexeitamento de toda a oposición, Feijóo reivindicou a actuación do seu Goberno ante as previsións de aumento do número de pacientes en urxencias, fundamentalmente derivadas polos picos da gripe. 

"O primeiro" que se fixo, remarcou, foi chamar á poboación de risco a que se "vacinase", para o que se investiron 2 millóns de euros. Sobre este aspecto, aproveitou para volver arremeter contra En Marea pola iniciativa que cuestionaba a vacuacción presentada pola eurodeputada Lida Senra –que se presentou coa candidatura AGEe, aínda que actualmente está desvinculada e foi desautorizada polas formacións da coalición por esta proposta–. "Conseguimos que o 57% dos maiores de 65 anos se vacinases", destacou.

Feijóo defendeu que no último mes fixéronse máis de 3.000 contratos para paliar a situación das urxencias
CONTRATACIÓNS. Feijóo remarcou que aumentou a actividade ambulatoria, máis dun 30% ao día de media, e defendeu que o 93% dos pacientes que acudiron a urxencias "volveron ás súas casas", xa que só o 7% necesitou ingresar. 

Outra das medidas que destacou o presidente autonómico foi que se "contratou" a persoal. "Soamente en 23 días contratamos a 3.141 persoas", dixo, en referencia ao número de contratos que se subscribiu nese período. 

Deles, o total de número de contratos correspóndese con 336 médicos, 2.435 con persoal de enfermaría e outro persoal sanitario e 470 con persoal doutros departamentos. Ademais, tamén se habilitaron 415 camas máis en 23 días (35 na Coruña, 42 en Santiago, 38 en Ferrol, 135 en Ourense-Verín-O Barco, 20 Pontevedra-O Salnés e 145 en Vigo). 

Villares defendeu que a sanidade "está colapsada, non pola gripe A ou B, senón pola gripe PP, que é a mala xestión do sistema público galego"
Sobre estas cifras, o portavoz parlamentario de En Marea recriminoulle que acababa de desvelar a "precariedade" laboral do persoal sanitario, pola cifra de contratos por horas ou días que acumularon nese período, xa que non se corresponden con persoas individuais, senón que cada un acumula varios contratos. 

"Isto é o que fixemos. O que estamos a facer é incrementar o servizos de urxencias", reivindicou Feijóo, fronte ás acusacións de querer "desmantelar" este servizo. Así, incidiu, a modo de exemplo, en que se "incrementaron por tres" na Coruña ou no Salnés estes servizos de urxencias.

"QUÍTANNOS A SAÚDE". O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, denunciou que Feijóo "non sabe" o que ocorre na sanidade pública porque "non é usuario". "Está colapsada, non pola gripe A ou B, senón pola gripe PP, que é a mala xestión do sistema público galego", acusou Villares, quen agregou que, no entanto, a sociedade galega xa "está a desenvolver bos anticorpos". 

Feijóo advertiulle a Villares de que os "maiores recortes expúxoos o seu partido ao dicir non ás vacinas", en referencia á iniciativa de Lidia Senra. 
Villares pediu recuperar as "1.700 prazas" na sanidade galega que se perderon desde que Feijóo chegou á Xunta como consecuencia dos "recortes". "Non desapareceron, elimináronas", recriminou o dirixente de En Marea, quen indicou que sería persoal que "podería estar a traballar se quixesen". 

Villares indicou que o "colapso" en urxencias derívase do "desmantelamento" na atención primaria, polo que a xente cando está "dolorida" ou "ferida" ten que acudir a este servizo, ao non contar coa atención previa. "Quítannos a saúde", espetou Villares. 

Feijóo dirixiuse ao portavoz de En Marea para destacar, ironicamente, a súa "simpatía" polas súas frases, pero convidoulle a "ensaiar un pouco máis para ter algo de graza". Ademais, advertiulle de que os "maiores recortes expúxoos o seu partido ao dicir non ás vacinas", en referencia á iniciativa de Lidia Senra. 

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

21:35, 11/07/2017

Por David Expósito

Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

08:02, 06/03/2017

Por David Expósito

Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

13:22, 14/03/2017

Por David Expósito

A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

20:17, 31/03/2017

Por David Expósito

Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

13:17, 22/03/2017

Por David Expósito

Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?