08:15, 13/06/2018
Por David Expósito
Galicia mobilízase para acoller os refuxiados que viaxan no Aquarius. Este martes a Xunta ofreceu a súa total colaboración a o Goberno central, ao igual que tamén fixo o BNG, quen se amosou disposto a recibir os migrantes nos concellos nos que goberna.
En concreto, alcaldes do BNG ofreceron este martes unha rolda de prensa en Santiago na que mostraron a súa disposición a recibir, "axudar e protexer" nos municipios onde goberna.
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, indicou que estas persoas foxen dos seus países de orixe "escapando da violencia" e "da morte", polo que toman a decisión de arriscar as súas vidas cruzando o Mediterráneo na procura dun futuro "mellor".
Durante a comparecencia de prensa, Ferrero informou de que transmitirán á Xunta "a total disposición dos concellos gobernados polo BNG" para acoller a estes migrantes e insistiu en que isto non é máis que "un reflexo" da veciñanza dos mesmos.
O rexedor carballés recordou a tradicional relación dos galegos coa emigración e subliñou que, onde goberne o BNG, os refuxiados terán sempre as "portas abertas para darlles acollida".
Os nacionalistas gobernan nuns 25 concellos de Galicia, entre eles Pontevedra, Bueu, Barro, Moaña, Poio, A Pobra do Brollón, Muras, Ribadeo, Allariz ou Carballo.
A Xunta tamén ofrece a súa colaboración ao Goberno central
Por outra parte, A Xunta de Galicia trasladou ao Goberno central a súa disposición para acoller a parte das persoas que viaxan no buque Aquarius, que navega con máis 600 inmigrantes e refuxiados rescatados no Mediterráneo.
Así o confirmou, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que apuntou que o xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, activou "a primeirísima hora da mañá" os mecanismos de coordinación co Goberno central en materia de acollida de refuxiados e inmigrantes, e puso a disposición os medios galegos.
21:35, 11/07/2017
Por David Expósito
Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...
08:02, 06/03/2017
Por David Expósito
Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...
13:22, 14/03/2017
Por David Expósito
A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...
20:17, 31/03/2017
Por David Expósito
Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...
13:17, 22/03/2017
Por David Expósito
Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...
Todo lo que va a venir
Podcast Radio Líder