A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx:
Min:
Vigo 91.1 FM
Máx: 12º
Min:
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 11º
Min:
Lugo 107.60 FM
Máx:
Min:
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
Hermida renuncia oficialmente ao seu escano

Hermida renuncia oficialmente ao seu escano

19:57, 30/04/2018

Por David Expósito

Xoán Hermida traslada á Mesa do Parlamento de Galicia a renuncia ao seu escano toda vez que o Consello das Mareas aprobou a celebración da consulta aos inscritos sobre o caso Paula Quinteiro

 
A decisión de Hermida chega despois de que el memo anunciara vinte días atrás que non participaría na presente lexislatura debido as súas ocupacións profesionais, tal como xa confirmará hai 20 días.

Non obstante lembra que seguen existindo dúas variantes intimamente ligadas neste conflito que quixo deixar moi claro nas súas declaracións: a ética e o compromiso co electorado.

En alusión ao caso Quinteiro, considerou que algúns deputados e deputadas de En Marea entenden as institucións como "un todo", e "non como un instrumento para un cambio", correndo o perigo de converterse nunha nova casta.

Lembra así que entre o "compromiso persoal de cargos de En Marea” asinado por todos os candidatos e candidatas faise referencia textualmente a aceptar os "principios básicos" e os documentos de "forma de goberno" da organización, nos que se cita que "en exercicio dun cargo" débese actuar "no nome de En Marea e ningún caso representando intereses diferentes" e "defender publicamente o proxecto político, desenvolvendo os principios básicos e o programa".

O xa exdeputado quixo facer un chamamento a unha maior participación na consulta dos inscritos e dixo que en democracia non hai consultas "legais" e "ilegais", tal como En Marea defende no caso catalán.

Tras a saída de Hermida, a próxima na lista pontevedresa para ocupar o escano no Parlamento é a profesera Julia Torregosa.

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

21:35, 11/07/2017

Por David Expósito

Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

08:02, 06/03/2017

Por David Expósito

Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

13:22, 14/03/2017

Por David Expósito

A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

20:17, 31/03/2017

Por David Expósito

Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

13:17, 22/03/2017

Por David Expósito

Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?