A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 13º
Min:
Vigo 91.1 FM
Máx: 15º
Min: 12º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 14º
Min:
Lugo 107.60 FM
Máx: 14º
Min:
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
Minuto de silencio na comisaría de Vigo polas víctimas dos incendios

Minuto de silencio na comisaría de Vigo polas víctimas dos incendios

15:02, 16/10/2017

Por David Expósito

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do Goberno, Mariano Rajoy Brey participaron no minuto de silencio en repulsa aos incendiarios e en recordo ás persoas falecidas. Na Comisaría de Policía (Rúa de Álvaro Cunqueiro, 6).

Toda Galicia chora esta mañá ao ver parte dos nosos montes calcinados. Pero especialmente toda Galicia chora pola perda de tres persoas xa confirmadas e quero que as primeiras palabras desta declaración institucional sexan para as súas familias e para os seus seres queridos. En nome de todo o pobo galego, transmitímoslles as nosas condolencias.

Compartimos a súa dor e, por suposto, ofrecémoslles todo o apoio —seguro que insuficiente— que poidamos darlles nestes momentos tan difíciles.


O Consello da Xunta acaba de decretar tres días de loito en Galicia.

Galicia non merece que nos provoquen esta dor. Galicia non merece a angustia de tantas familias que tiveron que pasar a noite en vela temendo polos seus familiares, por si mesmos, polas súas casas e polas súas pertenzas, que nalgún caso se perderon. Galicia non arde soa. A Galicia quéimana. Con carácter minoritario, pode haber lumes provocados por descoidos, pero un día como o de onte non é resultado da casualidade, non é resultado do azar.

Hai unha intensa intención de facer dano nos lugares de maior impacto incluíndo desta vez zonas urbanas, zonas periurbanas e pobos e vilas.
Atacáronnos indiscriminadamente, non nos puideron facer máis dano. As galegas e os galegos non nos imos dar por vencidos nin contra os incendios nin contra os incendiarios. Porque Galicia está farta dos incendiarios que de forma continuada e constante atacan o noso patrimonio e ademais agora atacan as nosas vidas.

Galicia está farta de ter que vernos ameazados ciclicamente por incendiarios que se valen das condicións meteorolóxicas cada vez que teñen ocasión. Non o admitimos.

 

 

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

21:35, 11/07/2017

Por David Expósito

Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

08:02, 06/03/2017

Por David Expósito

Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

13:22, 14/03/2017

Por David Expósito

A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

20:17, 31/03/2017

Por David Expósito

Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

13:17, 22/03/2017

Por David Expósito

Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?