A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 13º
Min: 10º
Vigo 91.1 FM
Máx: 15º
Min: 13º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 15º
Min: 10º
Lugo 107.60 FM
Máx: 13º
Min:
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
O BNG protesta contra a privatización do servizo de catamaráns en Sober

O BNG protesta contra a privatización do servizo de catamaráns en Sober

08:11, 12/02/2018

Por David Expósito

O portavoz nacionalista na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, asegurou que a privatización será "un prexuízo" para o sector turístico, xa que "se reducirá o número de meses nos que as rutas permanezan activas"

Deputados provinciais e edís do BNG demandaron á Deputación o cumprimento dos acordos da corporación provincial contra a privatización do servizo de catamaráns, nun acto que celebraron este domingo na parroquia de Doade, no municipio lucense de Sober. 

 
O BNG anunciou nun comunicado que levará iniciativas aos plenos dos concellos afectados pola "privatización" das rutas fluviais para buscar o apoio das corporacións locais e continuar coa xestión pública dun servizo que, segundo as súas cifras, atendeu a máis de 40.000 persoas durante 2017. 

O portavoz nacionalista na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, asegurou que a privatización do servizo será "un prexuízo" para o sector turístico da zona, xa que "se reducirá o número de meses nos que as rutas permanezan activas". 

"Se o goberno provincial leva a cabo a privatización, a pesar do contrario do pleno da corporación, estarán a ter unha actuación absolutamente antidemocrática", declarou Ferreiro, quen tamén lamentou a actitude da xestión do PSOE, polas "súas loitas internas de poder", que "xogan cos intereses de Lugo". 

Ademais, lembrou aos socialistas que manteñen "un goberno en minoría" que "debería ter un maior respecto polos acordos plenarios como o que onte se deu na corporación", xa que para Ferreiro "non é unha cuestión do BNG", senón "dun mandato plenario que se vai ignorar". 

Así, o representante nacionalista afirmou que esta situación é unha "cazolada para entregar a algunha empresa os 710.000 euros que a Deputación destina a esta licitación", algo que, nas súas palabras, é un "atropelo" a unha decisión democrática. 

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

21:35, 11/07/2017

Por David Expósito

Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

08:02, 06/03/2017

Por David Expósito

Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

13:22, 14/03/2017

Por David Expósito

A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

20:17, 31/03/2017

Por David Expósito

Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

13:17, 22/03/2017

Por David Expósito

Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?