A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 27º
Min: 14º
Vigo 91.1 FM
Máx: 24º
Min: 18º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 21º
Min: 16º
Lugo 107.60 FM
Máx: 22º
Min: 14º
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
O BNG reclama na Coruña un plan de mobilidade para os barrios

O BNG reclama na Coruña un plan de mobilidade para os barrios

08:10, 23/02/2018

Por David Expósito

Pídelle á Xunta “que cambie o chip” porque o Goberno de Feixóo leva nove anos perdidos en materia de transporte metropolitano

A portavoz nacional, Ana Pontón, e a portavoz municipal no concello da Coruña, Avia Veira, mantiveron un encontro coa directiva da Asociación veciñal do Ventorrillo e As Atochas-Monte Alto- A Torre, en relación ás demandas de mobilidade dos barrios da cidade que, segundo explicou o presidente desta última, Alberto Fernández, son compartidas por unha ducia de entidades veciñais máis da Coruña.

 

Pontón puxo en valor as propostas presentadas polo BNG coruñés “porque é urxente un plan de mobilidade que responda ás necesidades da veciñanza en cuestións tan básicas como a comunicación cos centros hospitalarios, coas áreas empresariais, coa universidade e que tamén facilite a comunicación entre os distintos barrios”, salientou, unha cuestión á que os distintos gobernos locais non foron capaces de solucionar pero na que tamén ten que implicarse o Goberno galego.

 

“Mellorar a mobilidade tamén require que a Xunta cambie o chip, porque o transporte metropolitano fai augas por todas partes e levamos nove anos perdidos en materia de política de transporte público en Galiza”, reclamou.

En consonancia co traballo municipal do BNG, a portavoz nacional considera esencial responder ás demandas veciñais de mobilidade cos centros hospitalarios e cos  polígonos empresariais, posto que se trata de servizos tan básicos como o acceso á saúde, -tendo en conta ademais o factor do envellecemento da poboación-, e ao centro de traballo, -que obriga a desprazarse a milleiros de persoas fora dos barrios-.

“Ningunha persoa deber ver coartada a súa mobilidade polo feito de non ter vehículo privado, que hoxe en día para moitos traballadores e traballadoras é un artigo de luxo”, indicou Pontón, quen tamén destacou a aposta do BNG por unha visión de cidade onde a persoa vaia ganando o espazo público en detrimento do coche,  “e para iso é esencial un transporte de calidade que responda ás necesidades da veciñanza”.

Tras o encontro cos representantes veciñais, Pontón indicou que as demandas da veciñanza dos barrios son “cuestións fundamentais, carencias de fondo ás que hai que dar unha solución cun plan de mobilidade para A Coruña e a súa área metropolitana modernizando o concepto de mobilidade, tamén no conxunto de Galiza porque, en xeral, temos un sistema de transporte que responde a esquemas do pasado sen adaptarse ás demandas e necesidades actuais da poboación”.

Segundo explicou o presidente da AAVV As Atochas-Monte Alto- A Torre, Alberto Fernández, ata unha ducia de entidades veciñais comparten as mesmas demandas en materia de mobilidade, e queren que o concello da Coruña e os da área metropolitana así como a Xunta poñan en marcha un plan de transporte actualizado. Entenden que é unha cuestión clave para mellorar a vida das persoas e tamén suporía un beneficio económico para a cidade herculina, facilitando a implantación de empresas.

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

21:35, 11/07/2017

Por David Expósito

Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

08:02, 06/03/2017

Por David Expósito

Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

13:22, 14/03/2017

Por David Expósito

A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

20:17, 31/03/2017

Por David Expósito

Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

13:17, 22/03/2017

Por David Expósito

Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?