A Coruña 101.90 FM
Máx: 11º
Min:
Santiago de Compostela 101.80 FM
Máx: 11º
Min: 10º
Ourense 100.1 FM
Máx: 15º
Min:
Vigo 91.1 FM
Máx: 14º
Min: 13º
Bergantiños 107.90 FM
Máx: 11º
Min: 10º
Ferrol 101.90 FM
Máx: 11º
Min:
Lugo 107.60 FM
Máx: 11º
Min:
O cárcere a excalcaldesa de Melide do BNG

O cárcere a excalcaldesa de Melide do BNG

12:03, 25/11/2016

Por Radio Líder

Condenada a ano e medio de cárcere a excalcaldesa de Melide


O fallo considera que Socorro Cea (BNG), tamén inhabilitada para ocupar un cargo público durante tres anos e medio, emitiu unha certificación dun proxecto que nunca se realizou

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a María Socorro Cea Vázquez, exalcaldesa nacionalista de Melide, e a quen era o arquitecto municipal cando se produciron os feitos, en 2009, como autores dun delito de falsidade en documento oficial.

No caso da exrexedora, tamén o fai por un delito de prevaricación administrativa. A Audiencia da Coruña condénaa tras considerar probado que emitiron unha certificación falsa dun proxecto que non chegou a realizarse.

Pola contra, absolve ao representante da empresa adxudicataria da obra en base á súa declaración e á dos outros dous acusados, que negaron que estivese presente no momento da rúbrica da citada certificación, segundo o fallo feito público polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Nese documento, a Audiencia da Coruña, que ten en conta a existencia de dilacións indebidas, condena a María Socorro Cea Vázquez e a Ricardo Aneiros Rodríguez como autores dun delito de falsidade en documento oficial ás penas dun ano, seis meses e un día de prisión, con inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo por ese tempo.

Á exalcaldesa condénaa tamén á pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por un período de tres anos, seis meses e un día polo delito de prevaricación administrativa. Sobre esta última, considera "plenamente acreditado", en base á proba practicada no xuízo, que era "plenamente consciente de que o que se afirmaba no documento era falso, que foi expresamente advertida da improcedencia da súa elaboración e das consecuencias que levaba aparellada".

ARGUMENTO DA EXREXEDORA No xuízo, a exalcaldesa alegou descoñecer as irregularidades e responsabilizou á Xunta de certificar unha obra, a depuradora do polígono da Madalena, que non chegou a realizarse. "En ningún momento houbo intención de mentir nin de falsear nada", asegurou entón, ante unha petición inicial de Fiscalía de catro anos de cárcere e 11 de inhabilitación por un delito de falsidade documental e outro de prevaricación.

No seu escrito de acusación, o Ministerio Público argumentou que, tras asinar o contrato para a adxudicación definitiva da obra, "por causas que non constan, as obras da depuradora non se iniciaron". "Co máis basto desprezo ao deber de fidelidade á fe pública, o director da obra emitiu unha certificación na que falazmente se afirmaba que, no período comprendido entre o 12/12/2009 e o 28/12/2009, executáronse obras por valor de 437.354,41 euros", sostivo a Fiscalía.

A certificación foi asinada o 28 de decembro sendo os acusados "plenamente conscientes de que con iso coreaban un documento que non reflectía a realidade" e cuxa incorporación "resultaba necesaria para evitar a perdida da subvención que a Consellería de Innovación e Industria concedera ao concello" para a obra.

Muere un niño de cinco años tras ser atropellado por un tractor en Lobeira

Muere un niño de cinco años tras ser atropellado por un tractor en Lobeira

20:20, 15/02/2017

Por Radio Líder

El bisabuelo de la víctima era el que conducía...

El viento tumba varias torres de alta tensión y arranca el tejado del auditorio de Lalin

El viento tumba varias torres de alta tensión y arranca el tejado del auditorio de Lalín

13:41, 03/02/2017

Por Radio Líder

Los primeros efectos del temporal en la comarca dezana comie...

Heridos dos hermanos al chocar con un camión en pleno centro de Antas

Heridos dos hermanos al chocar con un camión en pleno centro de Antas

20:25, 10/01/2017

Por Radio Lider

Fue necesario excarcelar y evacuar en helicóptero a u...

Las redes le declaran la guerra a Maluma por ser

Las redes le declaran la guerra a Maluma por ser "machista y misógino"

14:10, 05/12/2016

Por David Expósito

Las polémicas letras de Maluma han provocado todo un ...

Muere un hombre al chocar su coche contra un camión en la A 6

Muere un hombre al chocar su coche contra un camión en la A 6

20:24, 17/01/2017

Por David Expósito

El siniestro tuvo lugar pasadas las 14:10 horas en As Nogais...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?