Santiago-Arzúa 97.7 FM
Ferrol-Cariño 101.9 FM
Ourense-Celanova 100.1 FM
A Coruña-As Mariñas 105.1 FM
Bergantiños-Costa da Morte 101.9 FM
Vigo-Baixo Miño 91.1 FM
Santander 91.3 FM
Máx: 18º
Min: 14º
O Foro Turismo Covid 19  defende a necesidade de poterciar Galicia como destino seguro

O Foro Turismo Covid 19 defende a necesidade de potenciar Galicia como destino seguro

11:57, 05/05/2020

Por David Expósito

Aproveitar e visibilizar as fortalezas para converter o noso territorio nun destino seguro é unha das urxencias que defende o sector privado do turismo que hoxe foi o protagonista do Foro Turismo Covid19 organizado pola Deputación da Coruña. O xoves día 7 terán lugar ás 11 e ás 18 horas dúas novas sesións con representantes do ámbito empresarial turístico.

 

O sector precisa poñer en valor as fortalezas para converter o territorio galego en destino privilexiado en tempos en que a seguridade se presenta como unha das principais esixencias. Esta foi unha das conclusións da terceira xornada do Foro Turismo Covid 19 que reuniu este luns representantes do sector privado nun encontro que terá continuidade o vindeiro xoves con dúas novas xornadas coas empresas turísticas como protagonistas.

 

Fatima Cachafeiro, representante de PROTURGA (Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia) , Rafael Serrano Hernández, vicepresidente de Aviturga (Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia), Ana G. Trevisani, directora de Trevisani e Pablo Canosa, presidente de la Asociación de empresarios Costa da Morte (APTCM) participaron no encontro que estivo moderado polo comunicador e profesional do sector, Pepe Formoso e contou coa participación do vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. 

 

Na súa intervención inicial,  Xosé Regueira destacou o interese do sector empresarial para participar no encontro e deseñar estratexias coas que saír da crise provocada pola pandemia e reafirmou o compromiso da Deputación da Coruña de apoiar a recuperación dun ámbito de especial relevancia no desenvolvemento económico do país que atravesaba un momento de grandes expectativas que se truncaron coa aparición do coronavirus. "Esta normalidade diferente vainos levar a un punto moi distinto do que estabamos antes do COVID19, e é previsto analizar a fondo a situación do sector o que é o obxecto deste foro", sinalou ao tempo que lembrou que a Deputación resolveu recentemente dúas liñas de axudas aos entes de xestión e para a contratación de persoal técnico para os concellos cun orzamento de case dous millóns de euros co fin de contribuír á dinamización do sector tan afectado pola crise.

 

Unidade do sector

 

A unidade do sector foi un dos eixos centrais da intervención de Fátima Cachafeiro representantes da Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia, Proturga, que elaborou xa un informe no que destaca a necesidade de cooperación na cadea de valor do turismo ademais de transmitir seguridade e mellorar a calidade para afortalar a confianza no destino e paliar os efectos da crise.

 

O presidente de la Asociación de empresarios Costa da Morte (APTCM), Pablo Canosa, apuntou tamén pola súa parte que "na actual incertidume algo que podemos saber con certeza é que despois desta situación o obxectivo ten que ser traballar en conxunto como se foramos un todo". Achegar esforzos  para competir no mercado é, segundo dixo, unha das premisas neste novo panorama en que é preciso afrontar o reto da recuperación económica.

 

Por parte do sector privado, deféndese a idea de que Galicia como destino turístico ten fortalezas de especial interese para saír con vantaxe desta situación e posicionarse na escolla con elementos como a seguridade, a falta de saturación, o clima, a dispersión poboacional ou a gastronomía, elementos que, segundo Rafael Serrano  de Aviturga  para quen "é importante visibilizar as fortalezas e oportunidades para aproveitar as vantaxes que temos fronte outros destinos equivalentes".

 

Ana G. Trevisani, directora de Trevisani, cualificou de "tsunami" a situación no sector e avogou necesidade de "actuar coa cabeza" para que a crise non sexa desvastadora. "A palabra cancelación está prohibida, optamos por aprazamentos e realizacións alternativas, eventos híbridos e online, con garantías de calidade", apuntou, do paso dado na realización de eventos abrindo novas vías de profesionalización.

 

"Temos esa responsabilidade e os destinos imos pelexar para que todo o mundo saiba o que estamos facendo pero só os que demostremos seguridade e a aplicación de protocolos van saír adiante e necesitamos a colaboración da administración para contalo", apuntou Trevisani.

 

Dúas sesións o día 7 co sector empresarial

 

Dúas sesión so vindeiro xoves día 7 demaio ás 11 h e ás 18 h completarán o debate sobre a situación e perspectivas do sector empresarial do turismo. Na da mañá participarán o presidente de AGETAN, Agustín Rico; Julio Sánchez de Valora Consultores; o representante de AGAVI, Juan A. Rivadulla, o presidente da Asoc. de empresarios do Camiño Fisterra-Muxía (SOLPOR), Jesús Picallo e a consultora turística, Cristina García Couto.

 

Na sesión de tarde está prevista a participación do axente hoteleiro, Jesús Rodríguez, o profesor da USC, Carlos Rodríguez, o 18:15-18:20 Jesús Rodríguez, o Presidente da Asoc. de EcoTurismo da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e Cheff do Restaurante A Artesa da Moza Crecha (Betanzos), Lolo Mosteiro e o director de Item-Aga Comunicación, Rubén L. Pereira.

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

21:35, 11/07/2017

Por David Expósito

Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

08:02, 06/03/2017

Por David Expósito

Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

13:22, 14/03/2017

Por David Expósito

A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

20:17, 31/03/2017

Por David Expósito

Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

13:17, 22/03/2017

Por David Expósito

Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?