A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 27º
Min: 16º
Vigo 91.1 FM
Máx: 22º
Min: 15º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 21º
Min: 16º
Lugo 107.60 FM
Máx: 27º
Min: 13º
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
Os concellos xa poden contratar persoal técnico de turismo coas axudas da Deputación da Coruña para reactivar o sector

Os concellos xa poden contratar persoal técnico de turismo coas axudas da Deputación da Coruña para reactivar o sector

17:57, 26/04/2020

Por David Expósito

Un total de 57 concellos da provincia poderán iniciar xa os trámites para a contratación de persoal técnico de turismo coas axudas ás que a Deputación da Coruña destina nesta nova edición un total de 783,797,22 €. O programa terá este ano un impacto especial á hora de contribuír á revitalización dun sector especialmente afectado pola crise da COVID19. Con ese mesmo obxectivo, a área de Turismo bota a andar este luns o Foro Turismo Covid 19 que analizará o impacto da pandemia no sector e as vías para a súa recuperación. 


Case oitocentos mil euros conforman a achega da Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico especializado en turismo en 57 concellos da provincia, o que suporá un paso adiante nunha profesionalización especialmente relevante dados os efectos que a pandemia está a provocar no sector. "Consideramos que, este ano de maneira especial, o persoal técnico pode contribuír a deseñar novas estratexias en cada un dos concellos e aplicar novas pautas que serán imprescindíbeis para a recuperación dun dos sectores máis afectados pola pandemia", sinala o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. 


Para o deputado de Turismo, "o sector vai ter que dar un xiro substancial para abrir novos camiños para sobrevivir e para iso tamén será necesario persoal especializado nos concellos, tanto para orientar ás propias administracións como para colaborar co sector privado para a súa revitalización".


O programa promove a contratación de especialistas en concellos de menos de 50.000 habitantes con achegas que van até os 20.000 €. En edicións anteriores con esta liña de axudas os municipios dotaban de persoal os servizos de información turística pero, nesta extraordinaria situación, poden ser pezas fundamentais para contribuír á saída da crise. "Calidade e seguridade serán claves á hora de tentar reconducir o futuro dun sector que precisa ser audaz e poñer en valor as especiais condicións que temos no noso territorio  con produtos turísticos que respondan ás urxencias dun momento en que todo apunta a que a supervivencia camiña cara un turismo de proximidade, responsábel, con garantías, familiar ou de pequenos grupos e, fundamentalmente, sostíbel", sostén o deputado de Turismo, Xosé Regueira.


Neste sentido, anima os gobernos municipais a contratar o persoal técnico para dotar de profesionais que acompañen as políticas públicas nestes momentos difíciles e cruciais para o futuro dun sector vital para a reactivación económica do país.

Foro Turismo Covid19A publicación da resolución definitiva da liña de subvención responde, segundo Regueira, ao "compromiso que a Deputación ten co sector turístico en especial nun momento en que atravesa unha crise histórica que, entre outras cousas, mantén pechados desde hai mais dun mes todos os establecementos do tecido empresarial do sector". Con mesmo obxectivo de colaborar na reflexión sobre a actual situación e o futuro, a área de Turismo da Deputación da Coruña inicia este mesmo luns o Foro Turismo Covid19 que, durante catro xornadas xuntará a través da rede especialistas e representantes dos distintos ámbitos do turismo para avaliar o impacto da pandemia e pensar o mellor futuro para remontar a crise. 


Seis especialistas representantes de entes de xestión participarán na primeira das sesións que poderán seguir as persoas anotadas a través da canle youtube e que logo se publicarán na páxina da área de Turismo da Deputación. O luns día 27 de abril ás 11 horas terá lugar a primeira das sesións do Foro Turismo Covid19 coa intervención de Luís Alcalá da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, Diego López Pedreira da Reserva A Coruña e as Mariñas, Manuel Jesús Lema Caamaño de Muxía Natural, Flavia Ramil de Incolsa Turismo Santiago, Lanzada Calatayud do Consorcio Turismo Coruña ademais da alcaldesa de Lousame, Mª Teresa Villaverde, polo Xeodestino Ría de Muros. A segunda xornada dedicada aos concellos no novo contexto do sector turístico terá lugar o xoves día 30 e será a única que se desenvolverá ás 18 horas. O luns 4 maio cun debate sobre o mundo empresarial e o luns 11 de maio cun encontro arredor da comunicación e promoción dos recursos turísticos despois da pandemia completarán o foro aberto pola Deputación da Coruña. 


"Estamos moi contentos pola resposta da moitísima xente que manifestou o seu interese en participar o que dá idea da necesidade de poñer en común, de debater e falar sobre o que está acontecendo e tamén de trazar o camiño a seguir sumando forzas tanto públicas como privadas", sinala Xosé Regueira que coordinará o luns a primeira das sesións do foro. 

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

21:35, 11/07/2017

Por David Expósito

Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

08:02, 06/03/2017

Por David Expósito

Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

13:22, 14/03/2017

Por David Expósito

A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

20:17, 31/03/2017

Por David Expósito

Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

13:17, 22/03/2017

Por David Expósito

Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?