13:20, 27/09/2018
Por David Expósito
Non está clara a desaparición dos cartos, que puido ser desde o luns, ao producirse polo método do descoido
A Garda Civil investiga un furto de 30.000 euros nos caixeiros da oficina de Abanca de Vilalba, situada na céntrica rúa da Pravia da capital chairega.
Os feitos ocorreron esta semana, aínda que non está confirmado se foi o luns ou o martes, pero un directivo de Abanca interpuxo este mércores a última hora da tarde a denuncia ante a Garda Civil de Vilalba para informar do delito e da desaparición do diñeiro.
Fontes da Garda Civil explicaron que o furto, que catalogan como ao descoido porque no houbo forza nin sobre persoas nin sobre as cousas, sucedeu dende o interior da sucursal. Nas oficinas, o acceso aos caixeiros está nunha habitación específica dende onde se accede á maquinaria que permite abrilos para manipular o diñeiro acumulado no seu interior.
21:35, 11/07/2017
Por David Expósito
Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...
08:02, 06/03/2017
Por David Expósito
Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...
13:22, 14/03/2017
Por David Expósito
A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...
20:17, 31/03/2017
Por David Expósito
Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...
13:17, 22/03/2017
Por David Expósito
Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...
Todo lo que va a venir
Podcast Radio Líder