A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 28º
Min: 16º
Vigo 91.1 FM
Máx: 21º
Min: 15º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 20º
Min: 16º
Lugo 107.60 FM
Máx: 28º
Min: 14º
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
A Deputación, o Concello da Coruña e a UDC poñen ao dispor da Área Sanitaria da Coruña a Residencia Universitaria “Elvira Bao”

A Deputación, o Concello da Coruña e a UDC poñen ao dispor da Área Sanitaria da Coruña a Residencia Universitaria “Elvira Bao”

12:31, 02/04/2020

O inmoble funcionará como residencia temporal para o persoal sanitario da área sanitaria coruñesa que loita contra o Covid-19

 

A Deputación, o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña colaboran para pór a disposición do persoal sanitario da Área Sanitaria da Coruña as instalacións da da Universitaria Elvira Bao, na cidade herculina.

O edificio usarase como residencia temporal para o persoal sanitario da área sanitaria e do complexo hospitalario coruñés que, polas súas situación familiares ou persoais, precisen dun aloxamento alternativo temporal mentres dure a actual crise sanitaria do Covid-19 para aumentar a súa comodidade e intentar diminuir a carga emocional que a situación comporta, sobre todo a aqueles que traballan en primeira liña.

A comisión de Docencia da Área Sanitaria da Coruña-Cee é a unidade que xestiona este tipo de soporte e apoio ás persoas que o precisen. Por elo, esta Comisión estableceu contactos co persoal sanitario da área para coñecer as súas necesidades e coordinar esta acción.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o reitor da UDC, Julio Abalde, e o xerente do complexo hospitalario coruñés, Luís Verde, acompañandos de persoal técnico do CHUAC, visitaron o pasado luns as instalacións do IES Calvo Sotelo e a Residencia Elvira Bao, cedida pola Deputación á UDC como residencia universitaria, para comprobar que se adaptan ás necesidades e organizar esta cesión temporal.

Parte das instalacións da zona de residencia do IES Calvo Sotelo da Deputación xa foron cedidas e están sendo usadas actualmente por unha dotación dos Bombeiros da Coruña, polo que as autoridades decidiron que, co obxecto de minimizar os riscos, o persoal sanitario ubicarase preferentemente na Residencia Elvira Bao, que conta con accesos de entrada e saída propios.

Na Residencia Universitaria, o persoal sanitario disporá dun inmoble totalmente renovado pola Deputación hai apenas dous anos. A residencia conta con 60 habitacións (58 dobres e dúas adaptadas para persoas con mobilidade reducida) que se usarán de xeito individual para aloxar ao persoal sanitario.

As primeiras persoas  usuarias da Residencia incorporaranse mañá xoves, 2 de abril. A Deputación da Coruña colaborará ademáis co persoal sanitario contratando un servizo limpeza e outro de catering que se encargará de suministrar cada día o almorzo e a cea ao persoal médico e de enfermería que se aloxe na Residencia durante o tempo que dure esta crise sanitaria.

A UDC colabora tamén ofercendo servizo e lavandería e INDITEX aportará a lencería das habitacións. 

Actualmente, 66 persoas da área sanitaria coruñesa teñen mostrado o seu interese en informarse sobre esta inciativa, á que se incorporarán xa nos vindeiros días 30 preofesionais da área.

Kevin Roldán presenta The Beginning

Kevin Roldán presenta The Beginning

20:41, 23/01/2017

Kevin Roldán dio a conocer “The Beginning&rdquo...

Una foto sexual del hijo de Chayanne la lía en las redes

Una foto sexual del hijo de Chayanne la lía en las redes

11:55, 10/11/2016

Chayanne respalda a su hijo Lorenzo tras la aparición...

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

11:13, 02/02/2017

CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidaste de Mi

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidas de Mi

12:28, 26/05/2017

No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...

Cnco llega con “Reggaetón Lento”

Cnco llega con “Reggaetón Lento”

19:26, 20/10/2016

Cnco se encuentra en un gran momento de su carrera art&iacut...

Zona Podcast

Podcast Radio Líder

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?