A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 19º
Min: 12º
Vigo 91.1 FM
Máx: 18º
Min: 15º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 19º
Min: 13º
Lugo 107.60 FM
Máx: 17º
Min: 12º
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
A II Barberia Solidaria da Coruña será o 10 de xuño en Méndez Núñez

A II Barberia Solidaria da Coruña será o 10 de xuño en Méndez Núñez

12:42, 19/05/2017

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga,presentou este venres a II edición da Barbería Solidaria, unha iniciativa na que barbeiros e barbeiras de dentro e fóra de Galicia daranse cita na cidade, o vindeiro 10 de xuño, para participar nun acto benéfico a beneficio dunha entidade sen ánimo de lucro, que neste 2017 será, por
segundo ano consecutivo, a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple ACEM. Nesa xornada, entre as 15.00 e as 21.00 horas, 70 profesionais chegados de Sevilla, Córdoba, Barcelona, Valladolid, Asturias e León, e procedentes tamén de diferentes cidades galegas, daranse cita nos xardíns de Méndez Núñez (xunto ao palco da música) para traballar en favor desta asociación.

Como salientou a responsable municipal durante a presentación, o obxectivo da acción é “aumentar as canles de visibilidade da esclerose múltiple entre a cidadanía, ademais de visibilizar a entidade ACEM e o seu labor”, e acadar uns fondos que irán destinados ao mantemento dos servizos socio-sanitarios e favorecer a mellor calidade de vida das persoas con diversidade funcional que forman parte desta asociación. Como recordou, na pasada edición a iniciativa logrou reunir preto de 2.000 euros para estes fins.

Na presentación desta mañá estivo presente, xunto coa concelleira, a vicepresidenta de ACEM, Sonia García Erias, quen salientou a importancia da visibilidade, de cara a poder dar respaldo e apoio a todas as persoas afectadas, directa ou indirectamente, por esta doenza, e quen fixo mención ao barbeiro coruñés José Segundo Mallo, promotor desta iniciativa, agradecendo tamén a colaboración que presta o Concello.

Ao longo da xornada haberá, ademais da sesión de barbería –cun custe de 7 euros por afeitado ou por corte de cabelo– haberá música por conta da DJ La Isla e do concerto, ás 18.00 horas, de Tequila Road. Ademais, a partir das 16.00 horas está
prevista a chegada do grupo moteiro Solidaridade sobre rodas Km-0.

Kevin Roldán presenta The Beginning

Kevin Roldán presenta The Beginning

20:41, 23/01/2017

Kevin Roldán dio a conocer “The Beginning&rdquo...

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

11:13, 02/02/2017

CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidaste de Mi

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidas de Mi

12:28, 26/05/2017

No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

20:23, 19/04/2017

La última promoción de estudiantes de Medicina...

Cnco llega con “Reggaetón Lento”

Cnco llega con “Reggaetón Lento”

19:26, 20/10/2016

Cnco se encuentra en un gran momento de su carrera art&iacut...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?