A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 21º
Min: 16º
Vigo 91.1 FM
Máx: 21º
Min: 19º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 19º
Min: 17º
Lugo 107.60 FM
Máx: 18º
Min: 15º
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
Doce anos de prisión para Lito, o rei das orquestras galegas, por fraude fiscal

Doce anos de prisión para Lito, o rei das orquestras galegas, por fraude fiscal

08:09, 05/03/2018

Dous anos de prisión para Ángel Martínez, Lito, o coñecido como "o rei das orquestras" por fraude fiscal. A súa defensa xa anunciou que vai recorrer ante o Supremo.

A sentenza condenatoria de Ángel Martínez Pérez recolle case na totalidade as teses defendidas polo fiscal do caso. Augusto Santaló acusa a Espectáculos Lito dunha fraude no imposto de sociedades, o IVE e o IRPF.

Uns delitos que a Audiencia Provincial de Pontevedra considera probados e polos que condena o empresario musical a doce anos de cadea.

Segundo o xuíz, nos anos 2011 e 2012 Lito declarou uns ingresos duns catro millóns de euros cando facturou máis de 50.

A sentenza obriga ao empresario musical, que foi declarado insolvente hai uns meses, á devolución dos oito millóns de euros supostamente defraudados. Impóñenlle tamén multas millorarias ocasionadas polas débedas contraídas con Facenda.

Lito, que vai recurrir ante o Supremo, defendeu sempre que actuou como un mero intermediario das orquestras.

Espectáculos Lito controlou durante anos máis da metade das verbenas que se celebraban por toda Galicia. Poucos concellos renunciaron ás actuacions das súas 70 orquestras, entre elas as de máis sona como a Panorama ou a París de Noia e que chegaban a reunir 50.000 espectadores nas súas galas con prezos de ata 30.000 euros por noite.

Entre todos os grupos que el representaba superaban os 2.500 espectáculos por ano cando a Axencia Tributaria, en 2013 puxo o foco sobre o seu negocio e rexistrou as súas oficinas. Na documentación requisada detallábanse as contas en A e en B do empresario e segundo os cálculos da Axencia Tributaria só se emitían facturas dun 8,3% do volume de negocio. Eran, os que reclamaban factura. Á maioría das comisións de festas non o facían.

Tiña o monopolio das orquestras e por política da empresa, as súas non compartían cartel coas doutras axencias. Así, tivo enfrontamentos con concellos que se sentiron chantaxeados, coma o de Monforte, con orquestras que estiveron baixo a súa representación pero non concordaban coas súas prácticas e con músicos que admitiron que sempre cobraron en negro.

Lito gardou silencio desde que comezou esta investigación, que non é a única, xa que a Fiscalía reclámalle ata dez novos delitos contra a Facenda Pública.

Kevin Roldán presenta The Beginning

Kevin Roldán presenta The Beginning

20:41, 23/01/2017

Kevin Roldán dio a conocer “The Beginning&rdquo...

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

20:23, 19/04/2017

La última promoción de estudiantes de Medicina...

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

11:13, 02/02/2017

CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidaste de Mi

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidas de Mi

12:28, 26/05/2017

No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

18:54, 16/03/2017

El enfado de los asistentes y patrocinadores que colaboraron...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?