A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 27º
Min: 14º
Vigo 91.1 FM
Máx: 24º
Min: 18º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 21º
Min: 16º
Lugo 107.60 FM
Máx: 22º
Min: 14º
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
Folga de Xustiza. Tino Novoa de CC.OO esta mañá en Radio Líder

Folga de Xustiza. Tino Novoa de CC.OO esta mañá en Radio Líder

08:48, 02/03/2018

Hoxe, durante as distintas mobilizacións convocadas por todo o pais, tivemos coñecemento polos medios de comunicación que o Vicepresidente da Xunta de Galicia, máximo responsable da Xustiza en Galicia, “aceptaba sentarse a negociar co Comité de Folga”.

Non deixa de ser “curioso” que Alfonso Rueda utilice, unha vez máis, os medios de comunicación para poñerse en contacto co Comité.

Horas despois do comunicado nos medios, o Comité recibiu por correo electrónico unha carta asinada polo Vicepresidente onde, entre outras cousas, di que non ten inconveniente en participar de maneira activa na negociación “sempre e cando se suspendan os paros mentres se produce a negociación”.

Ante a carta remitida polo Vicepresidente temos que dicir o seguinte:

O único responsable de que a Xustiza estea paralizada é o propio Alfonso Rueda, que negou dende o minuto 1 calquera opción de negociación, mantendo unha actitude prepotente e mentindo aos medios de comunicación constantemente sobre as nosas reivindicacións.

O Goberno e o propio Conselleiro negáronse a asumir o mandato do Parlamento Galego, que por unanimidade votou para que se buscaran solucións ao conflito na Xustiza Galega e se rematara coa discriminación dos traballadores e traballadoras galegos/as con respeto aos do resto do Estado e Maxistrados, Fiscais e Letrados Xudiciais.

Na propia carta, despois de negar a súa asistencia a ningunha mesa de negociación e de enviar como interlocutor a alguén rexeitado dende o primeiro momento polo Comité por non ser de Xustiza e sobre todo por obstaculizar calquera posibilidade de acordo, chegando a dicir “quen non estea de acordo que marche do pais” ou “que pretendiamos convertir Galicia en Venezuela”, pretende responsabilizar aos traballadores e traballadoras dos prexuízos sobre os cidadán, cando o único responsable é el e o Goberno da Xunta de Galicia.

No corpo da carta o Conselleiro, como nos temiamos, demostra que a comunicación co que el chama “ equipo de negociación” (Director de Función Pública e Director Xeral de Xustiza), é nula ou cando menos defectuosa, xa que fala da oferta económica que hai enriba da mesa como unha “xenerosa oferta económica que sitúa os salarios dos funcionarios e funcionarias galegos por riba da media estatal” , cousa que evidentemente é falsa.

Tamén descoñece que as nosas reivindicacións están baseadas na discriminación do persoal da Xustiza Galega con respecto ao resto de compañeiros e compañeiras da Xustiza do resto do Estado e que a maiores da reivindicación económica existe unha reivindicación sanitaria (descontos por estar enfermos) amortizacións de prazas, etc...

De todas formas o máis grave da carta é poñer como condición “sine qua non” para contar coa súa presenza que “se suspendan os paros mentres se produce a negociación”. Dende o Comité queremos deixarlle claro ao Conselleiro que NON SE VAN SUSPENDER AS MOBILIZACIÓNS porque non existe ningún motivo que o xustifique e moito menos porque o solicite a persoa que estivo “escapada” da Mesa utilizando interlocutores que nada teñen que ver con Xustiza.

Logo de deixar esto claro, se por fin o Conselleiro quere desbloquear o conflito, teno moi fácil. Que nos cite inmediatamente a unha reunión, presentándose a ela cunha oferta seria e xusta para o noso colectivo, a partir da cal podamos empezar a negociar de verdade, e no seu caso, as OOSS estaremos dispostas a estudar todas as posibilidades para chegar a un acordo que satisfaga as demandas dos nosos representados e representadas, como fixemos desde o primeiro día.

Kevin Roldán presenta The Beginning

Kevin Roldán presenta The Beginning

20:41, 23/01/2017

Kevin Roldán dio a conocer “The Beginning&rdquo...

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

20:23, 19/04/2017

La última promoción de estudiantes de Medicina...

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

11:13, 02/02/2017

CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidaste de Mi

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidas de Mi

12:28, 26/05/2017

No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

18:54, 16/03/2017

El enfado de los asistentes y patrocinadores que colaboraron...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?