A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 28º
Min: 13º
Vigo 91.1 FM
Máx: 19º
Min: 15º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 22º
Min: 12º
Lugo 107.60 FM
Máx: 24º
Min: 10º
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, o centro interxeracional é un logro para a cidade

Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, o centro interxeracional é un logro para a cidade

08:29, 13/03/2018

O NOVO CENTRO INTERXERACIONAL DE OURENSE PON DE MANIFESTO A APOSTA DA XUNTA POLO ENVELLECEMENTO ACTIVO

 

Afirma que  as 82 prazas da escola infantil de 0 a 3 anos contribuirán a que Galicia supere o curso que vén o limiar das 24.000 prazas de escolas infantís sostidas con fondos públicos

Lembra que xa está aberto o prazo de matrícula en todas as escolas infantís da rede pública, polo que as familias galegas xa poden acceder ao incremento na oferta pública de prazas

Destaca que desde 2009 se multiplicaron por tres os recursos económicos destinados á atención dos maiores e da discapacidade, que pasaron de 126 millóns de euros a 414 en 2018

O presidente da Xunta destacou hoxe, durante unha visita ao novo centro interxeracional de Ourense, a aposta decidida da Xunta de Galicia polo envellecemento activo, “cando se aposta polos nenos e polos maiores tamén se está a apostar pola igualdade efectiva entre e homes e mulleres”, abundou.

Feijóo sinalou que este novo centro, que nace da man da Fundación Amancio Ortega, albergará unha escola infantil e un centro de día para maiores avanzamos cara a unha Galicia máis próspera. Durante un percorrido por estas novas instalacións, o presidente da Xunta afirmou que o centro ten a vocación de converterse nun foro de intercambio de experiencias entre maiores e pequenos.

Dentro desta aposta, o presidente do Goberno galego salientou as 80 novas prazas para maiores das que dispón este centro e recordou que a Xunta creará 900 novas prazas públicas para maiores en sete residencias situadas nas principais cidades de Galicia.

A isto engadiu que desde 2009 se multiplicaron por tres os recursos económicos destinados á atención dos maiores e discapacidade, que pasaron de 126 millóns de euros a 414 en 2018. Ademais, lembrou que en Galicia hai 55.600 persoas con dependencia que reciben algunha prestación, catro veces máis que no ano 2009.

O titular do Goberno galego destacou que as 82 prazas da escola infantil de 0 a 3 anos contribuirán a que Galicia supere o curso que vén o limiar das 24.000 prazas de escolas infantís sostidas con fondos públicos. Ademais, subliñou que isto supón acadar unha ratio de cobertura do 41,3%, máis de 10 puntos por riba do óptimo considerado pola Unión Europea. “É dicir, 832 prazas financiadas con fondos públicos estarán á disposición da cidade de Ourense no próximo curso”, aseverou, destacando que tras a entrada en funcionamento desta escola infantil, a ratio de cobertura de Ourense ascenderá ao 36%.

 

O presidente da Xunta lembrou que xa está aberto o prazo de matrícula en todas as escolas infantís da rede pública, polo que as familias galegas xa poden acceder ao incremento na oferta pública de prazas. Así mesmo, lembrou que hoxe en Galicia a lista de espera para unha praza pública de gardería é cero e recordou que todas aquelas familias que non obtiveron unha praza pública e solicitaron o Bono Concilia para acudir a outra escola infantil, obtivérono.

Outras medidas de conciliación

O titular do Goberno galego lembrou durante a súa intervención outras medidas de conciliación que están á disposición das familias galegas. En concreto, recordou que a rede pública de garderías é un dos piares do Programa de apoio á natalidade, cuxo obxectivo é poñer máis recursos que nunca ao servizo das familias que queiran ter fillos.

Este plan recolle outras medidas: como as casas niño nas contornas rurais, con 235 prazas en funcionamento; as deducións fiscais para familias con fillos; o Bono Coidado, cuxa convocatoria está aberta e que amplía ata os 12 anos a idade do neno para o que se pode pedir axuda para contratar un coidador para casos puntuais; e un permiso por maternidade para as empregadas públicas que aumenta de 20 a 22 semanas, que xa está en vigor e que sitúa Galicia como a comunidade de referencia en España nesta materia.

Ademais, este ano haberá dúas novas medidas de conciliación á disposición das familias: unha Tarxeta Benvida estendida ata os 3 anos para familias con rendas baixas e unha nova bonificación nas taxas das escolas infantís, do 25% para o segundo fillo e do 50% para o terceiro e sucesivos, que comezará a aplicarse o vindeiro curso.

Kevin Roldán presenta The Beginning

Kevin Roldán presenta The Beginning

20:41, 23/01/2017

Kevin Roldán dio a conocer “The Beginning&rdquo...

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

20:23, 19/04/2017

La última promoción de estudiantes de Medicina...

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

11:13, 02/02/2017

CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidaste de Mi

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidas de Mi

12:28, 26/05/2017

No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

18:54, 16/03/2017

El enfado de los asistentes y patrocinadores que colaboraron...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?