A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx:
Min: -2º
Vigo 91.1 FM
Máx:
Min:
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx:
Min:
Lugo 107.60 FM
Máx:
Min: -3º
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
O rural sae a rúa para reclamar a Xunta axudas reais

O rural sae a rúa para reclamar a Xunta axudas reais

08:53, 20/11/2017

Os socialistas Gonzalo Caballero e Leiceaga arroupan ao sindicato agrario na súa marcha polas rúas da capital galega

Centos de persoas convocadas polo sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) percorreron este sábado as rúas de Santiago de Compostela para denunciar o "abandono" do rural por parte da Xunta, á que acusan de centrar nas súas políticas en "titulares de prensa" con anuncios de axudas "que despois non chegan" aos agricultores e gandeiros.

A marcha partiu pasadas as 12 da mañá da Alameda compostelá, onde se concentraron varios centos de persoas, entre elas, representantes do PSdeG-PSOE, como o seu secretario xeral, Gonzalo Caballero; o portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga; ou o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos.

Ao comezo da manifestación, que foi encabezada por catro tractores; o secretario xeral de Unións, Roberto García, atendeu aos medios para denunciar "a falta de resposta" do Goberno galego a cuestións como o problema dos incendios ou o envellecemento e o despoboamento que sofre o rural galego.

García criticou que o executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo use "como coellos de indias" aos habitantes do rural "para mandar mensaxes á poboación urbana de que se están dando cantidade de axudas para afrontar esta situación".

"As axudas que anuncian quedan en titulares de prensa e ninguén fai un seguimento do que pon o DOG para cobrar. Todos os xoves vemos ao presidente da Xunta anunciando millóns de euros que despois non chegan ao rural", aseverou.

Pola súa banda, o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, cargou contra "as políticas de inacción e incompetencia da dereita", xa que, ao seu entender, o PP emprega "parches que non resolven os problemas de dinamización e recuperación de forma integral".

"É unha formulación propagandística de aparencia que non profunda e non dá unha solución transversal aos problemas que están enriba da mesa", indicou Caballero.

INCENDIOS E ENVELLECEMENTO

Roberto García manifestou que a promesa lanzada por Feijóo ao comezo do seu actual mandato de que esta sería "a lexislatura do rural" traduciuse na realidade en que se persegue a través de inspeccións a cesión a fillos dos dereitos das leiras ou a colaboración familiar na recollida da uva ou a pataca.

Ademais, puxo o foco en que "máis da metade" dos titulares de explotacións gandeiras ou agrícolas en Galicia teñen "máis de 55 anos". A continuación, resaltou que "o desmantelamento dos servizos públicos" como consecuencia da crise pon moi costa arriba a incorporación dos mozos ao rural, xa que, quen decida dar o paso, debe "asumir ser un cidadán de segunda".

En canto á problemática dos incendios forestais, o líder sindical expresou que "a mellor forma de combater o lume é incentivar a actividade no medio rural". "Onde non hai agricultores e gandeiros, que son devasas naturais, e cando se combina con fenómenos climatolóxicos como os que vivimos, ponse en risco os núcleos de poboación".

Así as cousas, apuntou que os incendios "non son só un problema de ordenación, é un problema de actividade". "A prevención que fan os gandeiros e agricultores cos pastos non só é máis barata que a que fan as máquinas, senón que permite dar vida económica e frear os incendios", remarcou.

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

20:23, 19/04/2017

La última promoción de estudiantes de Medicina...

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidaste de Mi

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidas de Mi

12:28, 26/05/2017

No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

18:54, 16/03/2017

El enfado de los asistentes y patrocinadores que colaboraron...

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

11:13, 02/02/2017

CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...

Orquesta Stereo, una década sobre los escenarios

Orquesta Stereo, una década sobre los escenarios

09:16, 08/05/2017

La orquesta gallega Stereo cumple diez años sobre los...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?