A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx:
Min: -2º
Vigo 91.1 FM
Máx:
Min:
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx:
Min:
Lugo 107.60 FM
Máx:
Min: -3º
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
Preocupante situación no embalse de Cecebre que se atopa xa o 36%

Preocupante situación no embalse de Cecebre que se atopa xa o 36%

09:47, 20/11/2017

Debido a seca que esta a sufrir Galicia nos últimos meses,A Mesa Metropolitana da Auga da Coruña, acorda aplicar medidas de aforro do subministro ante a situación de seca nos concellos da comarca

A concelleira de Medio Ambiente, María García, participou este venres, xunto con representantes técnicos e políticos dos municipios integrados na Mesa Metropolitana da Auga, na reunión na que se acordaron as primeiras medidas de aforro ante a prolongada situación de seca, entre as que se conta a decisión de aplicar, a partir da próxima semana, restricións nos usos da auga en espazos públicos e a redución na medida do posible do consumo innecesario. Dado que as choivas dos últimos días aínda non foron suficientes para recuperar o caudal dos ríos Mero e Barcés, e o nivel do encoro de Cecebre baixou esta semana ata o 39%, os e as representantes conclúen que é o momento de que todas as poboacións que se abastecen del adopten medidas, de xeito conxunto e responsable.

Así, nos próximos días comezarán a aplicarse unha serie de medidas do Plan de Seca da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (DOGA 07/10/2013), como son a restrición do consumo en fontes ornamentais e elementos similares, a eliminación do baldeo de rúas para a súa limpeza, a redución dos regos públicos e privados -dado que a actual situación de humidade ambiental permite racionalizalos-, o control de consumos en edificios e instalacións municipais e control das perdas da rede de abastecemento, para detectalas e minimizalas.

Estes son os primeiros pasos para afrontar unha situación de excepcionalidade. Serán necesarios un mínimo de tres meses de choivas regulares para recuperar as reservas de Cecebre. Tal e como quedou patente durante a xuntanza,  é necesario, pois, emprender accións para aumentar o máximo posible a duración dos recursos hídricos dispoñibles, aínda cando as previsións meteorolóxicas permiten un certo optimismo. Para iso, é precisa a axuda de toda a cidadanía, polo que desde a Mesa Metropolitana faise tamén un chamamento ao consumo responsable nos fogares e negocios. Por outra banda, o persoal técnico de Emalcsa xa a está a traballar noutras solucións por se a alerta por seca decretada por Auga de Galicia o 3 de outubro chega a converterse nunha emerxencia, co obxectivo de evitar as restricións do servizo domestico e empresarial.  

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

20:23, 19/04/2017

La última promoción de estudiantes de Medicina...

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidaste de Mi

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidas de Mi

12:28, 26/05/2017

No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

18:54, 16/03/2017

El enfado de los asistentes y patrocinadores que colaboraron...

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

11:13, 02/02/2017

CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...

Orquesta Stereo, una década sobre los escenarios

Orquesta Stereo, una década sobre los escenarios

09:16, 08/05/2017

La orquesta gallega Stereo cumple diez años sobre los...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?