A Coruña 101.90 FM
Santiago de Compostela 101.80 FM
Ourense 100.1 FM
Máx: 24º
Min: 11º
Vigo 91.1 FM
Máx: 20º
Min: 14º
Bergantiños 107.90 FM
Ferrol 101.90 FM
Máx: 22º
Min: 12º
Lugo 107.60 FM
Máx: 22º
Min: 12º
Arzúa-Ulloa 97.70 FM
Porto do Son 107.40 FM
Victor  Fernández Freixanes, o presidente da Real Academia Galega hoxe en Radio Líder

Victor Fernández Freixanes, o presidente da Real Academia Galega hoxe en Radio Líder

08:53, 22/02/2018

O presidente da Real Academia Galega, Victor Fernández Freixanes, estivo hoxe en Matinal Líder para analizala situación do galego

A RAG alerta no Día da lingua materna da creba da transmisión lingüística interxeracional

"O idioma non ten donos, o idioma é dos falantes"

"O galego é un patrimonio de todos, e non podemos convertila lingua nunha guerra política"

A Real Academia Galega difunde hoxe, co gallo do Día internacional da lingua materna, Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992 – 2016, unha nova publicación do Seminario de Sociolingüística que presenta unha visión panorámica da situación social da lingua galega co obxectivo de identificar as tendencias que marcan a súa evolución nas últimas décadas. O traballo advirte da crecente ruptura da transmisión interxeracional e duns usos minguantes do galego por parte da xente máis nova, especialmente nos ámbitos urbanos e periurbanos.

 

“A nosa ética profesional, na liña da acción continuada da Real Academia Galega canto entidade legalmente encargada da defensa e ilustración da lingua galega, obrígamos a lanzar a voz de alerta, unha voz que quere ser alentadora, pero que non pode deixar de expresarse en tons de alarma”, salienta ao respecto na introdución o coordinador do Seminario de Sociolingüística, o académico Henrique Monteagudo. “Non pretendemos alimentar un discurso pesimista sobre o futuro do galego, pero non podemos deixar de sinalar os riscos que corre o noso idioma”, engade.

 

A análise, un resumo e unha actualización de Lingua e Sociedade. A evolución sociolingüística 1992-2013, reflicte unha sociedade bilingüe cunha “vitalidade incuestionable” da nosa lingua, con máis de 1,3 millóns de galegofalantes habituais, pero esta cifra non pode ocultar que o signo das tendencias é negativo, sobre todo cando se introduce o factor tempo. Entre a poboación xeral, o perfil máis frecuente é o das persoas que empregan como lingua habitual o galego (31 %) ou tanto o galego como o castelán (42 %), e os datos do CIS de 2016 amosan que o galego é a lingua materna do 44,7% das persoas de 18 ou máis anos, fronte ao 30,7% que teñen como lingua inicial o castelán ou o 23,6% con ambas. Pero se na análise se ten en conta a poboación máis nova, desde os 5 anos, e se detén nos 65, a lingua inicial maioritaria empeza a ser o castelán (38% fronte ao 34% do galego e o 28 % de ambas), que é tamén o idioma que emprega habitualmente unha maior proporción nesta ampla franxa de idade que conta coas xeracións máis novas.

 

Estes resultados -advírtese- ofrecen un prognóstico do que pode acontecer a curto prazo nos usos lingüísticos se a situación non experimenta “un drástico cambio, e sen necesidade de aplicar complicadas fórmulas matemáticas”. De feito, as xeracións máis novas están xa protagonizando “un proceso acelerado de monolingüización en castelán, a un ritmo que non prevían os resultados de estudos demolingüísticos previos”.

 

Pero cales son os motivos da creba da transmisión interxeracional do galego? O traballo explica que esta ruptura non é consecuencia tanto das decisións das familias, senón que máis ben procede de “aspectos relacionados coa súa escasa presenza na socialización secundaria”, nomeadamente no ámbito escolar e de maneira especial en determinados contextos semiurbanos. Sobre o papel da escola, aínda que se evidencia que a institucionalización deu avances positivos, como demostra a crecente competencia para ler e escribir en galego desde os anos noventa, sinálase tamén que co último decreto neste eido, o 79/2010, asistimos a unha reversión dos avances conseguidos.

 

Con este diagnóstico sobre a mesa, a RAG apela ao conxunto da sociedade e en especial aos seus líderes políticos, económicos e sociais para garantir o futuro da nosa lingua “Cómpre recoñecer as dificultades do presente e os erros do pasado, pero sobre todo é imprescindible un compromiso sincero, unha acción eficaz e iniciativas máis ambiciosas por parte do goberno e do conxunto das institucións galegas e dos distintos axentes sociais”, conclúe Henrique Monteagudo.

 

Escoita a entrevista o completo na zona podcast

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

Suspensito el éxito de los estudiantes de medicina de Santiago de Compostela

20:23, 19/04/2017

La última promoción de estudiantes de Medicina...

Kevin Roldán presenta The Beginning

Kevin Roldán presenta The Beginning

20:41, 23/01/2017

Kevin Roldán dio a conocer “The Beginning&rdquo...

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidaste de Mi

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidas de Mi

12:28, 26/05/2017

No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

11:13, 02/02/2017

CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

La gala de Panorama para la lucha contra el cáncer no generó ni un euro de donativo

18:54, 16/03/2017

El enfado de los asistentes y patrocinadores que colaboraron...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?