Santiago-Arzúa 97.7 FM
Ferrol-Cariño 101.9 FM
Ourense-Celanova 100.1 FM
A Coruña-As Mariñas 105.1 FM
Bergantiños-Costa da Morte 101.9 FM
Vigo-Baixo Miño 91.1 FM
Asturias 96.2 FM
Santander 91.3 FM
Bilbao 94.3 FM
Vitoria 94.5 FM
San Sebastián 94.8 FM

El confidencial.

Periódico para las élites

Envíanos un mensaje
O GALP Golfo Ártabro Sur investiu case 3M€ dos fondos europeos FEMP para xerar riqueza no seu territorio

O GALP Golfo Ártabro Sur investiu case 3M€ dos fondos europeos FEMP para xerar riqueza no seu territorio

19:08, 23/11/2022

Por www.radiolider.com

Exitosa se pode considerar a xestión dos
fondos europeos FEMP 2014-2020 por parte do GALP Golfo Ártabro Sur xa que do
total do presuposto (3M€), asignaron practicamente o 100% dos fondos
(2.978.582,80€) a medio cento proxectos que xeraron riqueza no territorio ademais
de crearse 24 novas empresas e 169 postos de traballo, entre novos e
consolidados, na cadea de valor do sector pesqueiro. A zona de actuación da
entidade son os concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña
e Arteixo.
Estes resultados presentaranse mañá (19.30h) nunha xornada aberta ao público no
edificio A Senra presida pola alcaldesa de Bergondo, Alejandra Márquez; o
presidente do GALP, Alberto Castro, e un representante da Consellería do Mar. O
evento completarase cun monólogo sobre o mundo do mar a cargo de Víctor
Grande e coa actuación da Agrupación Musical de Pulso e Púa “Carlos Seijo”.
Dos proxectos subvencionados polo GALP Golfo Ártabro Sur, o 71,6% foron
produtivos (cunha inversión de 2.131.608,98€ dos fondos) e 28,4% non produtivos
(cunha inversión de 846.973,82€ dos fondos). Uns datos que valoran
especialmente desde a entidade xa que, expoñen, “a maior parte do noso

presuposto, case un 72%, destinouse a impulsar e innovar pequenos negocios e
empresas vinculadas ao mar e á pesca extractiva”.
Estes proxectos están relacionados con sectores como a comercialización e
transformación de produtos do mar, a economía circular, a innovación tecnolóxica,
a eficiencia enerxética e a redución do impacto ambiental, a venda online, o
turismo náutico e de natureza ou responden a novas propostas artesáns ou
gastronómicas que toman o noso patrimonio mariñeiro como eixo argumental.
Entre os varios casos de éxito deste período FEMP poden destacarse os gañadores
de recoñecementos de Boas Prácticas pola Rede Nacional de Grupos de Pesca. Son:
“Apertura, modernización e innovación de novo punto de venda de peixe” de
Pescados Sonia da praza de Elviña (A Coruña); “Open Science” unha feira referente
no sector da ensinanza científica do Concello de Cambre; as “Empanadas do mar”
promovidas por dúas irmáns emprendedoras que rexentan a panadaría “O Forno de
Guísamo”; “Novas oportunidades turísticas para os produtos do mar e do litoral na
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, ligadas a un modelo
de ecoturismo” do Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
Se ben, como sinalan desde o GALP Golfo Ártabro Sur: “todos os proxectos
subvencionados pola entidade son sobresalientes porque contribúen a impulsar un
territorio cun gran potencial, historicamente vinculado ao mar e no que queremos
que o mar continúe sendo unha fonte de riqueza sostible”.

Ana Mena estará en las fiestas de Monforte 2022

Ana Mena estará en las fiestas de Monforte 2022

13:16, 17/05/2022

Por www.radiolider.com

El Ayuntamiento de Monforte desveló hoy todos los con...

Si Eso Pasó es la nueva colaboración de G Face y Dama

Si Eso Pasó es la nueva colaboración de G Face y Dama

13:21, 14/02/2022

Por www.radiolider.com

"Si Eso Pasó" es una bachata moderna en la que se nar...

Paris de Noia y David Expósito amenizarán las fiestas de San Xorxe en Palas de Rei

Paris de Noia y David Expósito amenizarán las fiestas de San Xorxe en Palas de Rei

14:20, 11/04/2023

Por www.radiolider.com

Las fiestas de la parroquia de San Xorxe de Augasantas en Pa...

Juan Luis Guerra vuelve a España con su gira Entre Mar y Palmeras 2022

Juan Luis Guerra vuelve a España con su gira Entre Mar y Palmeras 2022

12:46, 16/02/2022

Por www.radiolider.com

Juan Luis Guerra vuelve a nuestro país de la mano de ...

El Pancha Festival trae a Panorama y David Expósito este viernes a Ribadeo

El Pancha Festival trae a Panorama y David Expósito este viernes a Ribadeo

14:57, 19/07/2022

Por www.radiolider.com

Este viernes en el Pancha Festival, organizado por la Comisi...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?