Santiago-Arzúa 97.7 FM
Ferrol-Cariño 101.9 FM
Ourense-Celanova 100.1 FM
A Coruña-As Mariñas 105.1 FM
Bergantiños-Costa da Morte 101.9 FM
Vigo-Baixo Miño 91.1 FM
Asturias 96.2 FM
Santander 91.3 FM
Bilbao 94.3 FM
Vitoria 94.5 FM
San Sebastián 94.8 FM
Ortigueira, Ferrol, Culleredo, Carballo, Cee, Boiro, Ames e Melide acollerán oito seminarios provinciais de defensa persoal feminina

Ortigueira, Ferrol, Culleredo, Carballo, Cee, Boiro, Ames e Melide acollerán oito seminarios provinciais de defensa persoal feminina

11:31, 07/10/2021

Por www.radiolider.com

Os cursos da Deputación desenvolveranse ao longo dos vindeiros meses e neles as mulleres participantes poderán aprender técnicas de autodefensa e protocolos de actuación ante unha posible situación de perigo

As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo no Rexistro dos municipios que son sede dos talleres

Ortigueira e Ferrol abren hoxe o prazo de inscición

A Coruña, 7 de outubro de 2021. A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza oito seminarios de defensa persoal feminina nos concellos de Ortigueira, Ferrol, Culleredo, Carballo, Cee, Boiro, Ames e Melide.

Segundo explicou a deputada de Deportes, Cristina Capelán Caneclo, nos cursos as mulleres participantes poderán ensaiar técnicas e estratexias para defenderse ante unha posible situación de perigo, rompendo os mecanismos que bloquean e imposibilitan a reacción.

Os talleres son gratuítos e están dirixidos á persoas de 14 a 70 anos empadroadas en calquera concello da provincia da Coruña. Nas aulas poderán aprender técnicas de autodefensa e protocolos de actuación no ámbito da defensa persoal. Deste xeito, descubrirán como situarse, afianzarse, saber caer e levantarse, manexarse no chan, moverse e desprazarse ou manter a distancia.Os seminarios terán lugar os sábados en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Desde o ente provincial recoméndase que as participantes leven roupa cómoda e deportiva e, se é posible, sen cremalleiras. Durante as sesións o uso da máscara será obrigatorio en todo momento.

Cada encontro contará cun mínimo de 20 participantes e un máximo de 70. Un número que poderá reducirse en función do disposto nas últimas medidas que se aproben para facer fronte á crise sanitaria na comunidade.

O prazo de inscrición aos seminarios de Ortigueira e Ferrol abre hoxe xoves, 7 de outubro,  e os das vindeiras clases farao de forma progresiva. As persoas interesadas deberán anotarse no Rexistro dos concellos que sexan sede.

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

Una joven ha muerto esta tarde arrollada por un tren en Vilaboa

21:35, 11/07/2017

Por David Expósito

Una nota de despedida apareció en el coche de la fall...

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

La Policía investiga la desaparición de Manuel Rodríguez en Coruña

08:02, 06/03/2017

Por David Expósito

Se le perdió la pista tras salir de una discoteca La ...

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

Ferida grave unha moza de 16 anos nun accidente en Lalín

13:22, 14/03/2017

Por David Expósito

A vítima foi trasladada en helicóptero ao Hosp...

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

Aparece muerto el actor Mateo González en La Marina de A Coruña

20:17, 31/03/2017

Por David Expósito

Los GEAS de la Guardia Civil localizaron esta tarde un cad&a...

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

Espectacular accidente de un camión de leche en A Golada

13:17, 22/03/2017

Por David Expósito

Un camión ha volcado en la carretera que une Larazao ...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?