13:48, 20/06/2022
Por www.radiolider.com
Hoxe presentouse o ciclo de concertos Xacobeo no Interior, que levará a mellor música a comarcas de Lugo e Ourense
As vilas de Sarria, A Rúa e Monterrei acollerán a artistas da talla de Guadi Galego, De Vacas, Leilía Uxía & Javier Ruibal ou Os D’abaixo
O ciclo enmárcase dentro dos concertosdoxacobeo.gal e conta co apoio de Xacobeo21-22-Xunta de Galicia
Esta mañá presentouse en Santiago de Compostela o ciclo de concertos Xacobeo no Interior, que comezará o venres 1 de xullo en Sarria. Trátase dunha programación que levará a música en directo ata vilas de Lugo e Ourense. Contará con algunhas das artistas máis destacadas do panorama galego como De Vacas, Guadi Galego, Leilía, Os D’Abaixo e Uxía & Javier Ruibal. Na rolda de prensa, que tivo lugar na sede de Turismo de Galicia, estiveron presentes Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, Manuel Roxo, responsable de produción do ciclo de concertos, e as artistas Guadi Galego e Santi Cribeiro e Roberto Rama de Os d'Abaixo.
O Ciclo Xacobeo no Interior é unha aposta pola música en galego e de calidade, pensada para achegar a mellor música galega á veciñanza e camiñantes das comarcas da Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras, apoiando promoción os propios entornos rurais atravesados polo Camiño para “non centralizar os concertos xacobeos en Santiago de Compostela", tal como destacou Nava Castro.
Xacobeo no Interior mestura diferentes estilos que viaxan dende o pop ata á tradición, con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor. Para que “a música galega brille con luz propia”, como destacou Manuel Roxo. O ciclo arranca o 1 de xullo en Sarria coas actuacións de Guadi Galego e De Vacas, o 10 de xullo será a quenda de Os D´Abaixo e Guadi Galego na Rúa e, como remate, Uxía & Javier Ruibal e Leilía actuarán no Castelo de Monterrei o 4 de agosto.
“Faime especial ilusión estar nestas localidades nas que non estiven nunca (...) sabemos que imos dalo todo", destacaba Guadi Galego na rolda de prensa.
Esta programación está dentro dos concertosdoxacobeo.gal e conta co apoio de Xacobeo21-22-Xunta de Galicia.
13:16, 17/05/2022
Por www.radiolider.com
El Ayuntamiento de Monforte desveló hoy todos los con...
13:21, 14/02/2022
Por www.radiolider.com
"Si Eso Pasó" es una bachata moderna en la que se nar...
14:20, 11/04/2023
Por www.radiolider.com
Las fiestas de la parroquia de San Xorxe de Augasantas en Pa...
12:46, 16/02/2022
Por www.radiolider.com
Juan Luis Guerra vuelve a nuestro país de la mano de ...
14:57, 19/07/2022
Por www.radiolider.com
Este viernes en el Pancha Festival, organizado por la Comisi...
Todo lo que va a venir
Podcast Radio Líder