12:10, 13/05/2020
Destina 200.000 euros para o apoio ao programa de actividades das entidades sectoriais
As asociacións profesionais que representan os distintos sectores da cultura poden acceder á nova liña de axudas da Deputación da Coruña que quere colaborar no desenvolvemento das súas programacións. O orzamento da nova convocatoria é de 200.000 € e as axudas poderán ser de até 30.000 €.
Asociacións de actores e actrices, de escritoras e escritores, de compañías teatrais, ou de productoras audiovisuais que agrupen profesionais e agrupacións dos distintos sectores poderán acceder á nova liña da área de Cultura da Deputación da Coruña que nace cunha dotación de 200.000 €.
"Con esta liña de axudas queremos apoiar o as programacións das entidades profesionais que, entre outras cousas, para nós son fundamentais á hora de deseñar políticas culturais e defender e promocionar os distintos sectores da cultura", sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.
Entidades para a profesionalización da cultura
"Nun contexto tan complexo en que se fan tan necesarias a formulación de alternativas para a promoción e difusión de contidos culturais e para o debate sobre a situación da cultura o papel que desenvolven as entidades profesionais é aínda máis necesario e importante por iso desde a Deputación da Coruña queremos apoiar de maneira decidida o seu traballo", explica Xurxo Couto arredor dunhas entidades que teñen especial relevancia para a profesionalización da cultura.
A nova liña de axudas diríxese ás distintas entidades sen ánimo de lucro con función de representación sectorial e colectiva, a nivel galego, das persoas e ou entidades existentes nos diferentes sectores profesionais da cultura galega que poderán acceder até un máximo de 30.000 €.
Son obxecto do programa de subvencións actividades como a convocatoria e
e desenvolvemento de certames, premios ou concursos. actividades de carácter formativo, elaboración, edición e difusión de contidos culturais de posta en valor do propio sector: libros; revistas, discos, filmes, exposicións...; traballos e actividades culturais de investigación, formación, análise ou debate ou actividades de posta en valor e difusión do patrimonio cultural material e inmaterial e de dinamización.
Máis información en: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/05/12/2020_0000002661.html
20:41, 23/01/2017
Kevin Roldán dio a conocer “The Beginning&rdquo...
11:55, 10/11/2016
Chayanne respalda a su hijo Lorenzo tras la aparición...
11:13, 02/02/2017
CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...
08:37, 16/09/2020
Tenía 43 años y había formado parte de ...
12:28, 26/05/2017
No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...
Todo lo que va a venir
Podcast Radio Líder