Santiago-Arzúa 97.7 FM
Ferrol-Cariño 101.9 FM
Ourense-Celanova 100.1 FM
A Coruña-As Mariñas 105.1 FM
Bergantiños-Costa da Morte 101.9 FM
Vigo-Baixo Miño 91.1 FM
Santander 91.3 FM
Máx: 21º
Min: 18º
A Deputación da Coruña e a Asociación de Profesionais da Xestión Cultural presentan un Manual de Boas Prácticas para espectáculos ao vivo

A Deputación da Coruña e a Asociación de Profesionais da Xestión Cultural presentan un Manual de Boas Prácticas para espectáculos ao vivo

12:36, 16/03/2021

Establece de maneira práctica os pasos a seguir no desenvolvemento de programacións en directo

 

A área de Cultura da Deputacion da Coruña xunto coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (Agpxc) presentaron un Manual de Boas Prácticas na Xestión Cultural para Espectáculos ao Vivo, unha ferramenta de especial interese para o desenvolvemento da programación ao vivo. No acto participaron o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto,, a presidenta da AGPXC, Pilar Portela, e os autores do manual, Patricia Hermida e Ángel Dieste.

 

A aparición da pandemia e o decreto do estado de alarma por mor da COVID está na orixe da idea por parte da AGPXC de realizar un manual de boas prácticas, nacido despois dun proceso de reunións con outras entidades sectoriais territoriais, coas socias da entidade, para facer propostas ás institucións e traballar na unidade sectorial e a defensa da cultura.

 

O obxectivo do manual é establecer dun modo práctico, os pasos que debe seguir calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, á hora de afrontar a organización dun espectáculo ao vivo.

 

Os autores do traballo, Patricia Hermida e Ángel Dieste, destacaron na presentación que “o manual é un documento que pretende respostar dun xeito áxil e accesible ao reto de organizar un evento ou espectáculo en base ás boas prácticas, que non son outras que as que veñen sustentadas pola responsabilidade social, ambiental e cultural e pola propia normativa e lexislación vixente”.

 

O Manual contou co apoio da Deputación da Coruña, dentro das súas liñas de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro con función de representación sectorial e colectiva. O deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, destacou que “este manual, será unha ferramenta de uso e de interese non só para os concellos senón para os teatros, auditorios, entidades culturais que programan actividades ao vivo. Desde a Deputación da Coruña, non só nos compracemos en apoiar esta proposta, senón que difundiremos os seus contidos e comprometemonos en distribuílo a través da rede cultural, no que queremos que estas boas prácticas se impoñan para que sexamos exemplo do bo facer da cultura na nosa provincia”.

 

O manual está a disposición dos profesionais da sector cultural na páxina da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (xestoresculturais.gal).

 

Kevin Roldán presenta The Beginning

Kevin Roldán presenta The Beginning

20:41, 23/01/2017

Kevin Roldán dio a conocer “The Beginning&rdquo...

Una foto sexual del hijo de Chayanne la lía en las redes

Una foto sexual del hijo de Chayanne la lía en las redes

11:55, 10/11/2016

Chayanne respalda a su hijo Lorenzo tras la aparición...

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

11:13, 02/02/2017

CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...

Fallece de manera repentina el ex-bateria de Olympus, Anxo M. Suarez

Fallece de manera repentina el ex-bateria de Olympus, Anxo M. Suarez

08:37, 16/09/2020

Tenía 43 años y había formado parte de ...

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidaste de Mi

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidas de Mi

12:28, 26/05/2017

No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?