14:25, 14/04/2020
Reformas de travesías, execución de sendas ou renovación do firme, entre as 20 obras públicas activas a día de hoxe
Tamén se están a realizar tarefas de conservación e desbroce en numerosos municipios da provincia
Seguindo as indicacións do Goberno de España, a Deputación da Coruña vén de reactivar a execución dunha vintena de obras ao aire libre na rede provincial de estradas, que suman un investimento de máis de 4,1 millóns de euros.
Trátase de obras de mellora e ampliación de viais, construción de sendas peonís ou renovación de travesías que nalgúns casos supoñen importantes investimentos como a segunda fase da travesía de Sísamo, en Carballo (629.059 euros); as senda peonís da DP 3404 en Dumbría e Mazaricos (646.000 euros) e da DP 5811 Oleiros (189.574 euros) ou a mellora da capa de rodaxe na DP 3301 de Rianxo a Bexo por Isorna (138.609 euros) e da DP7504 en Sada, mais tamén de pequenos traballos de conservación e desbroce en distintos puntos dos máis de 2.100 quilómetros estradas provinciais en localidades coma As Pontes, Cedeira, Ortigueira ou Toques.
A Deputación priorizará en todo momento a seguridade dos traballadores a través dos servizos de seguridade e saúde do departamento de Vías e Obras, que supervisan a execución duns traballos que contribúen a manter activa e economía e o emprego no sector da construción e as obras públicas.
OBRA
CONCELLOS
ORZAMENTO
GRUPO 1A: ORTIGUEIRA
Varios
150.040,00 €
GRUPO DE CONSERVACION 1B
CARIÑO
155.819,99 €
GRUPO DE CONSERVACION 2
MAÑÓN E AS PONTES
150.040,00 €
GRUPO DE CONSERVACION 3
CEDEIRA, CERDIDO E VALDOVIÑO
176.599,50 €
GRUPO DE CONSERVACIÓN 14
MELIDE, SANTISO, SOBRADO E TOQUES
122.190,64 €
GRUPO DECONSERVACION 15
ARZÚA, BOQUEIXÓN, O PINO E TOURO
179.459,94 €
DP 5811 MELLORA DA SEGURIDADE VIAL ENTRE OS PKS 0+000 AO 2+120
OLEIROS
189.574,56 €
MELLORA CAPA RODAXE DP 7504, P.K. 0+000 P.K. 4+820
SADA
145.344,00 €
GRUPO DE CONSERVACIÓN 9
OLEIROS Y SADA
161.148,56 €
DP 1901.- MELLORA NA ESTRADA DP 1901 CARBALLO A SÍSAMO 2 FASE
CARBALLO
629.059,94 €
PRÓRROGA DO SERVIZO DE EXECUCIÓN DA CAMPAÑA DE DESBROCE NAS ESTRADAS DE TITULARIDADE DA DEPUTACION DA CORUÑA. LOTE 3
OS DA ZONA
357.313,06 €
GRUPO DE CONSERVACIÓN 21
AMES, A BAÑA, NEGREIRA E VAL DO DUBRA
158.116,07 €
GRUPO DE CONSERVACION 25
BRION, DODRO, PADRON E ROIS
166.901,98 €
MELLORA DA CAPA DE RODAXE CON MEZCLA ASFÁLTICA NA DP 3301 RIANXO A BEXO POR ISORNA, PK 10+200 A PK 12+810
RIANXO
138.609,13 €
MELLORA NA SEGURIDADE VIAL NA DP-3404 NA CONTORNA DE OLVEIROA, PK 21+940 A PK 22+985
DUMBRÍA
314.881,55 €
SENDA PEATONAL EN LA DP-3404, A SERRA DE OUTES A DUMBRÍA, PK 14+820 A PK 16+100 Y PK 18+360 A PK 19+600
MAZARICOS
332.510,75 €
PRÓRROGA DO SERVIZO DE EXECUCIÓN DA CAMPAÑA DE DESBROCE NAS ESTRADAS DE TITULARIDADE DA DEPUTACION DA CORUÑA. LOTE 4
OS DA ZONA
356.581,36 €
GRUPO DE CONSERVACIÓN 20
CEE, CORCUBIÓN, DUMBRÍA E MAZARICOS
135.512,48 €
GRUPO DE CONSERVACION 24
BOIRO, LOUSAME E NOIA
122.064,49 €
TOTAL
4.141.768,00 €
20:41, 23/01/2017
Kevin Roldán dio a conocer “The Beginning&rdquo...
11:55, 10/11/2016
Chayanne respalda a su hijo Lorenzo tras la aparición...
11:13, 02/02/2017
CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...
08:37, 16/09/2020
Tenía 43 años y había formado parte de ...
12:28, 26/05/2017
No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...
Todo lo que va a venir
Podcast Radio Líder