Santiago-Arzúa 97.7 FM
Ferrol-Cariño 101.9 FM
Ourense-Celanova 100.1 FM
A Coruña-As Mariñas 105.1 FM
Bergantiños-Costa da Morte 101.9 FM
Vigo-Baixo Miño 91.1 FM
Asturias 96.2 FM
Santander 91.3 FM
Bilbao 94.3 FM
Vitoria 94.5 FM
San Sebastián 94.8 FM
David Expósito actuará na III Edición do Festival Friulio 2019 en Friol

David Expósito actuará na III Edición do Festival Friulio 2019 en Friol

09:26, 06/05/2019

O 11 e 12 de maio celebrarase a terceira edición do encontro castrexa-romano Friulio que conta coa colaboración do Concello de Friol e a Asociación de Recreación Histórica A Castronela.

Debido ao éxito obtido nas primeiras edicións do Friulio, a organización optou por fixar a data de celebración no segundo fin de semana de maio, dous días en plena primavera, nos que confían en que as condicións meteorolóxicas sexan benévolas.

A organización do Friulio 2019 conta con 23 asociacións participantes de recreación histórica, dúas asociacións de música tradicional, dúas de divulgación cultural e tres máis culturais de Friol. Varias destas veñen de diferentes partes do territorio galego e algunhas de fóra de Galicia, como de León, Soria e Asturias.

As actividades comezarán ás 11:00 coa apertura do asentamento castrexo, a chegada do druída e os guerreiros a cabalo.

Máis tarde serán os obradoiros de tear e de pintura.

Ás 11:30 sairán as tropas romanas desfilando pola vila, para continuar, ás 11:35, cunha demostración de orfebrería, de fiado e de coroza e xuncos. Tamén poderase desfrutar da gastronomía castrexa a partir das 12:00 horas, e dos xogos populares.

Ás 13:00 horas comezará unha escaramuza castrexo-romana no paseo fluvial sen esquecer a tradicional sesión vermú amenizada por Xesta Verde.

Xa pola tarde haberá un obradoiro de complementos, outro de pintura e un de fiado, ademais dunha demostración de tear castrexo ás 16:50 horas. Dúas horas máis tarde será o descenso en balsa polo río Narla e ás 19:30 o asedio ao Friulio. Finalizarán as actividades, ás 23:00, con música a través da actuación de grupos moi recoñecidos e de moito tirón popular como Forget La France, McKuin, Exit e David Expósito.

O domingo 12 o programa festiva dará comezo ás 11 horas coa apertura do campamento, e acto seguido será o obradoiro de tear. Ás 12:00 haberá xogos populares, e ás 12:15 horas comezará unha degustación de porco celta ao espeto, un exquisito manxar. Tamén haberá unha sesión vermú amenizada por Xesta Verde e Arrincadeira Folk.

Ás 12:45 será a liorta polo tesouro do Castro, e antes do xantar entregaranse os premios do Concurso de Escaparatismo e Fachadas. A clausura desta edición terá lugar antes do xantar.

Kevin Roldán presenta The Beginning

Kevin Roldán presenta The Beginning

20:41, 23/01/2017

Kevin Roldán dio a conocer “The Beginning&rdquo...

Una foto sexual del hijo de Chayanne la lía en las redes

Una foto sexual del hijo de Chayanne la lía en las redes

11:55, 10/11/2016

Chayanne respalda a su hijo Lorenzo tras la aparición...

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

11:13, 02/02/2017

CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...

Fallece de manera repentina el ex-bateria de Olympus, Anxo M. Suarez

Fallece de manera repentina el ex-bateria de Olympus, Anxo M. Suarez

08:37, 16/09/2020

Tenía 43 años y había formado parte de ...

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidaste de Mi

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidas de Mi

12:28, 26/05/2017

No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?