Santiago-Arzúa 97.7 FM
Ferrol-Cariño 101.9 FM
Ourense-Celanova 100.1 FM
A Coruña-As Mariñas 105.1 FM
Bergantiños-Costa da Morte 101.9 FM
Vigo-Baixo Miño 91.1 FM
Asturias 96.2 FM
Santander 91.3 FM
Bilbao 94.3 FM
Vitoria 94.5 FM
San Sebastián 94.8 FM
WOS Festival x SON Estrella Galicia: Lite Edition celebrarase do 10 ao 12 de setembro en Santiago de Compostela

WOS Festival x SON Estrella Galicia: Lite Edition celebrarase do 10 ao 12 de setembro en Santiago de Compostela

11:56, 06/09/2021

WOS Festival x SON Estrella Galicia: Lite Edition celebrarase esta semana, do 10 ao 12 de setembro, en diferentes espazos de Santiago de Compostela

O dúo alemán Driftmachine súmase á programación musical xa anunciada, que conta con estrenos a nivel nacional e europeo, e coa presenza de artistas destacados como a estadounidense Eartheater, o kenyata KMRU ou o pianista ucraniano Lubomyr Melnyk.

Os programas gratuitos de Talks e Goes Green, orientados á reflexión e o pensamento sobre o internet dos bens e a importancia da ecoloxía urbana, completan os contidos desta edición.

O programa de cine proxectará as películas 'Sisters with Transistors' e 'Delia Derbyshire: The Myths and the Legendary Tapes' e contará coa presencia das súas directoras, quen as presentarán e participarán nun colocio co público do festival.

Comeza a conta atrás para a V edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia que se celebrará entre os días 10 e 12 de setembro en diferentes localizacións da cidade de Santiago de Compostela. Baixo a etiqueta Lite Edition, o festival presenta unha edición en formato reducido, pero sen perder a súa maxia e esencia, incluíndo sorpresas como a do seu primeiro escenario nunha cortorna natural.

A principal bandeira do festival é a de ser un encontro para as músicas e artes de vangarda en todas as súas vertentes. Nesta Lite Edition, a programación musical presenta un amplo abano de proxectos ambient e minimalistas; proxectos ideais para a escoita e a experiencia nun formato máis íntimo e sentado.

A listaxe de conciertos especiais e estreas xa anunciados como o das estadounidenses Eartheater, quen presentará no marco do festival e por primeira vez en Europa os seus dous últimos álbumes publicados, ou Elori Saxl que tamén presentará en España o seu aclamado primeiro disco The Blue of Distance. Tamén a presentación no noso país do concerto audiovisual Aralkum da artista de Kazajistán Galya Bisengalieva, no Teatro Principal, e Blink a Few Times To Clear Your Eyes da neerlandesa-italiana afincada en Berlín Grand River, cuxa proposta se poderá ver no marco incomparable da Igrexa da Universidade, lugar onde tamén se poderá presenciar o concerto que dará o músico e produtor kenyano KMRU. Xunto co concerto que o francés Jonathan Fitoussi ofrecerá no Teatro Principal, conforman unha selección con algúns dos novos talentos da creación contemporánea.

A programación musical troncal contará tamén coa presenza de artistas veteráns como o agardado concerto do pianista ucraíno Lubomyr Melnyk, quen aos seus 72 años regresa por fin a España para participar no festival, e o experimentado dúo de sintetizadores modulares Driftmachine, última incorporación ao programa e quen darán un concierto no Túnel da Cidade da Cultura.

Kevin Roldán presenta The Beginning

Kevin Roldán presenta The Beginning

20:41, 23/01/2017

Kevin Roldán dio a conocer “The Beginning&rdquo...

Una foto sexual del hijo de Chayanne la lía en las redes

Una foto sexual del hijo de Chayanne la lía en las redes

11:55, 10/11/2016

Chayanne respalda a su hijo Lorenzo tras la aparición...

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

CNCO en concierto en A Coruña el 13 de mayo

11:13, 02/02/2017

CNCO anuncia su primera gira mundial “Mas Allá ...

Fallece de manera repentina el ex-bateria de Olympus, Anxo M. Suarez

Fallece de manera repentina el ex-bateria de Olympus, Anxo M. Suarez

08:37, 16/09/2020

Tenía 43 años y había formado parte de ...

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidaste de Mi

Guillermo Castro nos presenta Te Olvidas de Mi

12:28, 26/05/2017

No, no es despacito ni Enrique Iglesias, pero es Gallego y c...

Se comenta

¿Qué se cuece en la red?